MakeBlock sacou a principios de febreiro 2017 unha versión do seu programa para manexar os seus robots, o programa chámase mBlock e aínda está en fase de desenvolvemento, en versión preliminar.
Recentemente (28 de febreiro) [10] Makeblock ven de publicar unha nova versión para Linux, da que obtiven o paquete correspondente (non funciona). O que si funciona é o programa que está dentro do cartafol creado ao descomprimir este ficheiro [
9] cos exemplos [
11].
Actualización (29 de marzo). No enlace [
14] pódese descargar unha versión executable sobre os portátiles da Xunta de Galicia (de 32 bits compilada en Debian Wheezy), ten as bibliotecas de Arduino (versión 1.8.2). Ao non permitir montar arquivos
iso a versión instalable [
13] non funciona nos portátiles de Abalar.
Actualización (2 de maio). No enlace [
15] está dispoñible a versión completa con Arduino 1.6.13 (coas bibliotecas de Makeblock incorporadas).
Pódese descargar unha versión preliminar para 64 bits desde [1] ou directamente desde [2]. A versión en probas de 32 bits (para Debian Jessie) seguindo os pasos seguintes pódese descargar do enlace [
8] desde Google Drive.
A versión de 32 bits, que aínda non está dispoñible nos repositorios oficiais, require algo máis de tempo, hai que facer unha serie de pasos.
Os pasos veñen a ser aproximadamente os seguintes, tendo en conta que cando apareza o
# executarase coma superusuario e
$ coma usuario convencional.
# apt-get install g++ cmake
# apt-get install git
# apt-get install libusb-1.0-0-dev libusbip-dev libusbmuxd-dev libusbprog-dev libbluetooth-dev
Preciso para Wheezy:
# apt-get install xorriso
# apt-get install afuse gvfs-fuse fuse-utils fuse
Descargamos e instalamos
nodejs, fíxeno directamente da web e compileino para o meu entorno:. Ainda que tamén se pode descargar unha versión compilada para a nosa plataforma.
$ wget https://nodejs.org/dist/v7.5.0/node-v7.5.0.tar.gz
$ cd node-v7.5.0
$ ./configure
$ make
$ su -
# make install
Instalamos mBlock desde o repositorio git [3] ou, mais cómodo, desde a web [6]:
$ git clone https://github.com/Makeblock-official/mBlock.git
ou descargamos o zip
$ wget
https://github.com/Makeblock-official/mBlock/archive/V4.0.0-linux-ep1.tar.gz
Se queremos engadir outro idioma é recomendable ler a documentación na web [3].
E agora descargamos o Flash de 32bits para Linux, recomendáronme [4] a seguinte ligazón [5], podería servirnos calquera PPAPI de 32 bits para Linux:. Hai unha copia na ligazón [
12].
Extraemos o ficheiro
libpepflashplayer.so no cartafol
plugin (renomeamos o anterior coma libpepflashplayer.so_64 ou eliminámolo).
$ tar xvfz
flash_player_ppapi_linux.i386.tar.gz
$ cp libpepflashplayer.so
plugin/
Precisamos de "electron", unha capa máis no JS con nodejs:
# npm install electron-prebuilt@latest --save-dev;
Todo listo, xa podemos compilar e seguir os pasos da web [3] coma superusuario:
# npm install
# npm run rebuild-serialport
# npm run rebuild-hid
# npm run rebuild-bluetooth
# npm start
Se aparecese algún erro probablemente está relacionado con que falta algunha depedencia ou que o autor desde mini-tutorial confundiu algún paso, se non é ningunha das anteriores visitar o enlace [7].
Se desexamos crear un ficheiro instalable (véxase o fichero
pakage.json):
# npm run dist-linux
Creará un ficheiro no cartafol "
dist" (ou similar).
Agradezo comentarios, ou correos na dirección electrónica da dereita.
Referencias:
[3]
https://github.com/Makeblock-official/mBlock