Recentemente (28 de febreiro) [10] Makeblock ven de publicar unha nova versión para Linux, da que obtiven o paquete correspondente (non funciona). O que si funciona é o programa que está dentro do cartafol creado ao descomprimir este ficheiro [9] cos exemplos [11].
Actualización (29 de marzo). No enlace [14] pódese descargar unha versión executable sobre os portátiles da Xunta de Galicia (de 32 bits compilada en Debian Wheezy), ten as bibliotecas de Arduino (versión 1.8.2). Ao non permitir montar arquivos iso a versión instalable [13] non funciona nos portátiles de Abalar.
Actualización (2 de maio). No enlace [15] está dispoñible a versión completa con Arduino 1.6.13 (coas bibliotecas de Makeblock incorporadas).
Pódese descargar unha versión preliminar para 64 bits desde [1] ou directamente desde [2]. A versión en probas de 32 bits (para Debian Jessie) seguindo os pasos seguintes pódese descargar do enlace [8] desde Google Drive.
Os pasos veñen a ser aproximadamente os seguintes, tendo en conta que cando apareza o # executarase coma superusuario e $ coma usuario convencional.
# apt-get install g++ cmake
# apt-get install git
# apt-get install libusb-1.0-0-dev libusbip-dev libusbmuxd-dev libusbprog-dev libbluetooth-dev
Preciso para Wheezy:
# apt-get install xorriso
# apt-get install afuse gvfs-fuse fuse-utils fuse
Descargamos e instalamos nodejs, fíxeno directamente da web e compileino para o meu entorno:. Ainda que tamén se pode descargar unha versión compilada para a nosa plataforma.
$ wget https://nodejs.org/dist/v7.5.0/node-v7.5.0.tar.gz
$ cd node-v7.5.0
$ ./configure
$ make
$ su -
# make install
Instalamos mBlock desde o repositorio git [3] ou, mais cómodo, desde a web [6]:
$ git clone https://github.com/Makeblock-official/mBlock.git
ou descargamos o zip
$ wget https://github.com/Makeblock-official/mBlock/archive/V4.0.0-linux-ep1.tar.gz
Se queremos engadir outro idioma é recomendable ler a documentación na web [3].
E agora descargamos o Flash de 32bits para Linux, recomendáronme [4] a seguinte ligazón [5], podería servirnos calquera PPAPI de 32 bits para Linux:. Hai unha copia na ligazón [12].
Extraemos o ficheiro libpepflashplayer.so no cartafol plugin (renomeamos o anterior coma libpepflashplayer.so_64 ou eliminámolo).
$ tar xvfz flash_player_ppapi_linux.i386.tar.gz
$ cp libpepflashplayer.so plugin/
Precisamos de "electron", unha capa máis no JS con nodejs:
# npm install electron-prebuilt@latest --save-dev;
Todo listo, xa podemos compilar e seguir os pasos da web [3] coma superusuario:
# npm install
# npm run rebuild-serialport
# npm run rebuild-hid
# npm run rebuild-bluetooth
# npm start
Se aparecese algún erro probablemente está relacionado con que falta algunha depedencia ou que o autor desde mini-tutorial confundiu algún paso, se non é ningunha das anteriores visitar o enlace [7].
Se desexamos crear un ficheiro instalable (véxase o fichero pakage.json):
# npm run dist-linux
Creará un ficheiro no cartafol "dist" (ou similar).
Agradezo comentarios, ou correos na dirección electrónica da dereita.
Referencias:
[3] https://github.com/Makeblock-official/mBlock
[5] https://fpdownload.adobe.com/pub/flashplayer/pdc/24.0.0.221/flash_player_ppapi_linux.i386.tar.gz
[7] https://github.com/Makeblock-official/mBlock/issues
[8] https://drive.google.com/open?id=0Bz4PsRC_QmKENkVUMlRvbEJZbTg
[9] Cartafol linux-ia32-unpacked empaquetado en .7z https://drive.google.com/file/d/0B0kWYqC_MW6OS1d0dHBfR1FQQmc/view?usp=sharing
[10] Anuncio de 27 de febreiro de MBlock https://github.com/Makeblock-official/mBlock/releases
[11] Exemplos de MakeBot https://drive.google.com/open?id=0B0kWYqC_MW6OX3IxR3FydVN4Nmc
[12] Bibliotecas de Flash para Linux, 32 bits https://drive.google.com/open?id=0B0kWYqC_MW6OMDdDSlZIWnN1ZDA
[13] Versión empaquetada para os portátiles da Xunta (compilado para Debian Wheezy) https://drive.google.com/open?id=0B0kWYqC_MW6OVzdNVkhtZnpMT2c
[14] Versión comprimida para os portátiles de Abalar con bibliotecas de Arduino 1.8.2 https://drive.google.com/file/d/0B0kWYqC_MW6OX0xfenFtc2hWaUE/view?usp=sharing
Versión anterior https://drive.google.com/open?id=0B0kWYqC_MW6Ob3g1RW5zMHNlcDg
[15] Versión completa para Linux 32 bits https://drive.google.com/open?id=0B0kWYqC_MW6OYkFMdVN6b3FWVUk

Muchas gracias por vuestra información. Intento utilizar en primaria mblock y trabajamos con Guadalinex, así que nos viene genial vuestro post.
ResponderEliminarUn saludo
Ola Jose Antonio: un saudo e grazas polo teu traballo.
ResponderEliminarUnha pregunta tonta: baixei a versión de 64 bits pero non logro executala no Debian da Xunta (dinlle permiso de executable). Algunha idea ou como facelo dende a terminal?. En Ubuntu foi sen problemas.