O procesador de textos é a ferramenta que se emprega para escribir todo tipo de documentos que non precisen dunha composición demasiado complexa (revistas) ou sexan composición de imaxes (carteis). Empregarémolo para traballos, artigos, libros, currículum, cartas de presentación, etc.
Para dominar o procesador de textos iremos practicando os diferentes elementos dos que consta un documento: caracteres, parrágrafos, seccións, páxinas, táboas, columnas, imaxes.
Para empezar a manexar o procesador de textos LibreOffice Writer / OpenOffice.org Writer realiza todas as actividades desde a terceira do módulo 3.[1]:
Envía o documento a tecnologias.secundaria@gmail.com indicando no asunto:
Writer1 , o teu nome e apelidos, curso e grupo.
[1] Intef: http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/6/cd/m3/actividades.html
[2] Procesador de textos. Unidad 1-10 http://www.aulaclic.es/openoffice/index.htm
[3] http://www.aulaclic.es/openoffice/t_4_4.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario